Sunday 28 de April de 2024

Acón destaca a figura do mediador para desconxestionar outros medios de resolución menos áxiles


A concelleira de Innovación asistiu á inauguración do I Congreso Internacional e o V Congreso Nacional de Fapromed (Federación Nacional de Asociacións de Mediación)

A concelleira de Innovación, Eva Martínez Acón, inaugurou esta mañá o I Congreso Internacional e o V Congreso Nacional de Fapromed (Federación Nacional de Asociacións de Mediación) e que organizan conxuntamente na Fundación Rodríguez Iglesias as entidades locais Cimega (Círculo de Mediación de Galicia) e Afemedia (Asociación Ferrolterra de Mediación). No acto, a edila destacou a importancia da figura do mediador que está sendo moi útil nos últimos anos “xa que axuda a desconxestionar outros medios de resolución menos áxiles” e non supón unha privatización encuberta da xustiza nin unha substitución dos tribunais, senón “un elemento complementario” válido.

A concelleira falou de que se debe ter en conta como un dos factores que contribúen ao desenvolvemento e garanten que os servizos sexan prestados nas mellores condicións. No marco deste congreso que terá lugar hoxe e mañá, participarán personalidades da avogacía e a procuradoría, da maxistratura, a Universidade e da Administración, que abordarán a situación actual da mediación en Galicia e as alternativas mediadoras nos procesos contencioso-administrativos.